Páginas

X Carreira Expourense - Megaxove

Clasificaciones Aqui Fotos Aqui
A X EDICIÓN DA CARREIRA EXPOURENSE – MEGAXOVE, organizada polo Club Ourense Atletismo Academia Postal baixo o patrocinio de EXPOURENSE, e que conta co permiso da Federación Galega de Atletismo, terá lugar o Martes, día 8 de decembro de 2009, a partires das 11:15 horas da mañá, nas inmediacións dos recintos de Expourense e o Pazo de Deportes Paco Paz. A proba estará suxeita ó seguinte REGULAMENTO: A participación queda aberta a tódolos deportistas interesados, independentemente de que sexan federados ou non. Os federados deberán facilitar na inscripción o seu número de licenza.
  • Establécense as seguintes categorías:

Cativos
nad@s en 2003 e con posterioridade
Benxamín nad@s en 2001 e 2002
Alevín nad@s en 1999 e 2000
Infantilnad@s en 1997 e 1998
Cadetenad@s en 1995 e 1996
Xuvenilnad@s en 1993 e 1994
Iúniornad@s en 1991 e 1992
Promesa – Séniornad@s entre 1975 e 1990
Veteráns A (homes e mulleres)nad@s entre 1965 e 1974
Veteráns B Homesnados entre 1955 e 1964
Veteráns C Homesnados en 1954 e con anterioridade
Veteráns D Mulleresnadas en 1964 e con anterioridade

  • A proba estará controlada polo Comité de Xuices da Federación Galega de Atletismo (Delegación en Ourense).
  • As clasificacións serán individuais para cada categoría, atendendo ó posto na liña de chegada. Na categoría de Cativos nos se establecerá unha clasificación final, e tódolos participantes na mesma recibirán un agasallo ó alcanzar a liña de meta. As clasificacións serán expostas no Stand do Club Ourense Atletismo Academia Postal en Megaxove, tra-la finalización de cada carreira, e na páxina web do Club ó longo da tarde.
  • Establécense os seguintes premios, que serán acumulativos na carreira absoluta:
Trofeo ós vencedores de cada unha das categorías, e medallas ó segundo e terceiro clasificado Trofeo ós tres primeiros clasificados da carreira absoluta (Iúnior-Promesa-Senior-Veteráns), homes e mulleres Tamén haberá agasallos para os participantes.
  • INSCRICIÓNS: as inscricións se poderán realizar ata as 20:00 horas do domingo, 6 de decembro, NON ADMITÍNDOSE INSCRICIÓNS PARA A CATEGORÍA ABSOLUTA O MESMO DÍA DA CARREIRA. Para o resto de categoríass, se poderán inscribir ata media hora antes da respectiva saída. Se habilitarán os seguintes medios para a inscrición:
Mediante un formulario específico accesible a través da páxina web http://www.ourenseatletismo.com/
Remitindo a folla de Excel cuberta que se facilitará na mesma ubicación (equipos)
Na dirección de correo electrónico ourenseatletismo@ourenseatletismo.com
  • A organización e as persoas que interveñen na mesma non se fan cargo dos danos morais ou materiais que a sí mesmos ou a outras persoas podan ocasionar os participantes.
  • Aqueles aspectos que non contemple o presente Regulamento se resolverán segundo o disposto no da Federación Internacional de Atletismo. Os participantes, polo mero feito de tomar parte na proba, acatan o presente Regulamento.
  • Horario das probas, percorrido e distancias aproximadas:
Hora Categoria Voltas Distancia
11:15 Alevín – Infantil mulleres 1 volta G 1.200 m.
11:25 Alevín – Infantil homes 1 volta P + 1 volta G 2.050 m.
11:40 Cadete – Xuvenil mulleres 1 volta P + 1 volta G 2.050 m.
11:55 Cadete – Xuvenil homes 3 voltas G 3.600 m.
12:20 Iúnior-Promesa-Sénior-Veteráns 5 voltas G 6.000 m.
12:55 Benxamín Mixto 1 volta P 850 m.
13:05 Cativos Mini volta 300 m.
13:30 ENTREGA DE PREMIOS

1 comentario:

  1. si hay suerte llevare a mi hiija a correr su primera carrera.. pero no se si no le sera muy dura 300 metros para sus 5 años

    ResponderEliminar