Páginas

XXXIII Carreira Pedestre Popular do San Martiño

Clasificaciones Aqui
A XXXIII Carreira Pedestre Popular do San Martiño, organizada polo Consello Municipal de Deportes de Ourense e a Asociación Academia Postal, celebrarase o domingo día 15 de novembro de 2009.
Inscrición e regulamento da Carreira Xeral
A inscrición poderase realizar desde o luns 26 de outubro ata o 10 de novembro ás 14h, de xeito presencial, ou ata o día 11 de novembro por Internet.
FORMAS DE INSCRICIÓN
Inscrición ON-LINE. Os atletas que opten por dita forma de inscrición deberán facelo a partir do 26 de outubro a través dun enlace nesta páxina.
En persoa: Achegándote ás nosas oficinas en:Pavillón dos Remediosr / Pardo de Cela 2
Regulamento Xeral
  • A saída da Carreira Absoluta darase na Ponte do Milenio ás 11.00 horas. A liña de meta estará situada no Pavillón dos Remedios.
  • O percorrido será de 10.000m homologados pola RFEA, e discorrerá polas seguintes rúas da cidade: Saída da Ponte do Milenio, Avda. Xesús Pousa, Praza da Estación, Avda. das Caldas, Ponte Vella, Progreso, Tras Alameda, Dr. Fleming, Ervedelo, Avda. de Portugal, Avda. de Marcelo Macías, Avda. de Zamora, Bonhome, Galicia, Fernández-Oxea, Lugo, Padre Feijoo, Colón, Moratín, Obispo Carrascosa, Praza Maior, Lamas Carvajal, Paseo, Curros Enríquez, Avda. da Habana, Cardenal Quevedo, Avda. Rodríguez Castelao, Avda. Otero Pedrayo, Curros Enríquez, Ponte Nova, Avda. de Marín, Vicente Risco, Francisca Herrera, Avda. De Santiago, Avda. das Caldas, Ponte Vella e Pardo de Cela. Proba oficial da FGA. Descarga el Recoorido para GoogleEarth Aqui
  • Ó longo do percorrido, a Organización establecerá controis. O peche dos controis e dos avituallamentos quedan establecidos do seguinte xeito: o primeiro control pecha ós 5 minutos da saída, o segundo control pecha ás 11:45h, o terceiro control pecha ás 12:10h e o control de chegada pecha unha hora despois de que entre o primeiro corredor clasificado.
  • Admitiranse inscricións en persoa no Pavillón dos Remedios (rúa Pardo de Cela nº2) e a través da páxina web [http://www.ourense.es/] facendo constar tódolos datos requiridos no procedemento de inscrición. A inscrición poderase realizar desde o 26 de outubro ata o 10 de novembro ás 14h, de xeito presencial, ou ata o día 11 de novembro por internet.
  • A recollida dos chips e dorsais poderase realiza-lo sábado día 14 desde as 10 ata as 20 horas e o domingo día 15 de 8 a 10 horas na Cancha Central do Pavillón dos Remedios. Se a inscrición se realiza como club ou colexio, a recollida do chip e dos dorsais será do mesmo xeito, nunca de maneira individual.
  • O chip entregado a cada participante deberá ser colocado nos cordóns das zapatillas antes de dar a saída, e deberá ser devolto trala participación. Os corredores que non o leven ou que non o entreguen non entrarán nas clasificacións, non recibirán a camiseta nin ningún outro premio.
  • Establécense categorías para mulleres e homes con clasificacións diferenciadas. As categorías corresponden ós nados nos anos indicados:
  • Premios: Trofeos para o/a primeiro/a clasificado/a de cada categoría; camisetas para tódolos participantes que crucen a liña de meta co control aberto e que entreguen o chip, ata esgotar existencias
Categoría "absoluta"
1º posto: trofeo e 1.800 €
2º posto: trofeo e 1.200 €
3º posto: trofeo e 800 €
4º posto: 500 €
5º posto: 300 €
Categoría "galegos"
1º posto: 600 €
2º posto: 500 €
3º posto: 400 €
4º posto: 300 €
5º posto: 200 €
6º, 7º, 8º, 9º, 10º, 11º e 12º postos: 100 €
Categoría "ourensáns"
1º posto: 300 €
2º posto: 200 €
3º posto: 150 €
4º e 5º postos: 10
Para optar ó premio de ourensáns, o atleta será nado ou empadroado na provincia de Ourense.
Premio especial: 500€ polo récord da proba, tanto na categoría masculina como feminina (Homes: 28'50'' ano 2005, Mulleres: 33'34'' ano 2005).
Os premios non son acumulables, excepto o premio especial polo récord.A entrega de trofeos terá lugar ás 13 horas na cancha central do Pavillón dos Remedios e a entrega dos premios económicos nas oficinas do mesmo lugar. Para poder recolle-los premios deberase xustificar documentalmente o ano de nacemento dos atletas, por medio do DNI os españois ou documento legal en vigor (pasaporte) os estranxeiros.Segundo a normativa vixente da RFEA, os premios ós atletas que teñan que pasar o control antidopaxe, faranse efectivos no momento de coñecerse os resultados da análise.
  • Os participantes deberán situarse por detrás da liña de saída 15 minutos antes do comezo da proba, atendendo en todo momento, ás indicacións da organización. Reservarase unha zona na saída para as mulleres. Reservaranse 200 postos para os/as atletas que acrediten as mellores marcas oficiais na distancia enviando un correo electrónico a deportes@ourense.es ata o día 6 de novembro cos seguintes datos: nome e apelidos, NIF, marca e evento no que foi realizada.
  • Está prohibido o acompañamento dos participantes por vehículos de axuda.
  • O percorrido estará sinalizado cada quilómetro.
  • A carreira estará controlada polo Comité Galego de Xuíces e Cronometradores da Federación Galega de Atletismo.
  • Será motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o circuíto da carreira, non levar dorsal ou manipulalo e falsificar datos persoais.
  • As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ó xuíz arbitro non máis tarde de 30 minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados. Se son desestimadas por este, poderase presentar reclamación por escrito e acompañada dun depósito de 60 euros ao Xurado de Apelación.
  • A Organización non se fai responsable dos danos morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes desta carreira.
  • O feito de participar nesta carreira implica a aceptación deste regulamento e dá dereito á organización para poder facer uso das imaxes do evento para a súa utilización.
  • Todo o non disposto neste regulamento rexerase polas normas de Competición da FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores. 
Inscrición e regulamento da Carreira Categoria Menores
  • Inscricións de Centros escolares
A inscrición poderase realizar dende o 26 de outubro ao 6 de novembro
Inscricións a través do disquete oficial que se facilitará no CMD (Consello Municipal de Deportes); ou utilizando os arquivos de Excel que se poderán descargar desde esta páxina.
Para este tipo de inscricións en grupo serán necesarios os datos dun profesor, que será o encargado de recoller os dorsais e chips; así mesmo será a persoa responsable da entrega dos chips unha vez rematada a proba deportiva.
  • Inscricións individuais
A inscrición poderase realizar desde o 26 de outubro ata o 11 de novembro.
Formas de inscrición:
  • Inscrición ON-LINE. Os atletas que opten por dita forma de inscrición deberán introducir os seus datos nun formulario ao que se accederá a partir do 26 de outubre a través dun enlace nesta páxina.
  • Para as inscricións individuais admitiranse inscricións en persoa no: Pavillón dos Remediosr/ Pardo de Cela nº2
  • Os escolares que acudan á carreira como inscritos individualmente non contabilizarán para os premios dos colexios.
Regulamento categoría menores
  • Esta carreira está reservada para tódolos nenos/as nados en 1993 e seguintes que participen de forma individual e para tódolos centros escolares, tanto públicos coma privados.
  • Cada centro poderá inscribir a tódolos escolares que desexe. O prazo de inscrición vai do 26 de outubro ó 6 de novembro e deberá facerse seguindo as instrucións detalladas na páxina web [http://www.ourense.es/].
  • Esta proba dará comezo ás 12.30 horas, con saída na Ponte do Milenio e meta na rúa Pardo de Cela. O percorrido será de 4.500m, e discorrerá polas seguintes rúas: Ponte do Milenio, Basilio Álvarez, Avda. das Caldas, Ponte Vella, Progreso, Praza de Pontevedra, Paseo, Curros Enríquez, Rotonda da Policía Nacional, Ponte Nova, Ribeira de Canedo, Ponte Vella e Pardo de Cela.
Descarga el Recoorido para GoogleEarth Aqui
  • Establécense as mesmas categorías para nenos e nenas, son as seguintes:
  • Estableceranse clasificacións individuais e por colexios.
Clasificación individual:
* Trofeo ós tres primeiros atletas de cada categoría, tanto masculina como feminina.
Clasificación por colexios:
* Premio en material deportivo para todos os colexios que presenten un mínimo de 25 deportistas na chegada. (O número de voluntarios contabilizarase coma deportistas)
* Premio en material deportivo para os 6 primeiros colexios clasificados de Primaria e para os 6 primeiros colexios clasificados de Secundaria e Bacharelato.
  • No momento de retira-los dorsais, o delegado do colexio, necesariamente un adulto, recibirá as indicacións precisas para o mellor desenvolvemento da proba, debendo recoller e devolve-los chips dos seus participantes. Tódolos inscritos que teñan recibido o seu chip teñen a obriga de devolvelo ó fin da proba. Os colexios que non entreguen tódolos chips, non recibirán ningún dos premios establecidos.
  • A proba pedestre para menores, salvo no especificado neste regulamento, rexerase polo regulamento xeral da XXXIII Carreira Pedestre Popular do San Martiño.
  • Os adultos que acompañen ós nenos no percorrido escolar non entrarán na clasificación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario